segunda-feira, 27 de outubro de 2008

Saúdos a todas as alumnas e alumnos do NA1 Galego

Velaquí estamos. Velaquí unha ferramenta (supomos) para o traballo fóra da aula. Velaquí un foro de comunicación. Velaquí o que queirades; ¡so si, sempre en galego.

Xa falaremos na aula da maneira de xestionarmos este trebello para o seu óptimo aproveitamento.

Ata que se dean de alta todos os usuarios que queiran participar, podedes deixar os comentarios que devezades en cada un dos post.

Deica logo.

2 comentários:

ramon c. disse...

Lin unha novela de Carlos G. Reigosa, titulada "Pepa A Loba", que trata da vida dunha famosa bandoleira galega do s.XIX, que a min gustoume bastante e que vos recomendo.

Anónimo disse...

Eu penso que a novela podería dar para máis. Empeza moi ben mais remata demasiado pronto. Dedícase moito tempo ao principio e final da vida de Pepa.