Prezados e prezadas:
Agora os comentarios que fagades xa van ser visibles/visíbeis "ipso facto". Mudei unha serie de características que non o permitían facer.
Daquela, ánimo e practicade a EE (Expresión Escrita).
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Ola.
Son eu.
Quérovos agasallar.
A tódolos compañeiros/as (os do turno da mañá tamén)e a ti, mestre,que fas que vaia ilusionada ás tuas clases porque nos fas partícipes, porque aprendo e ... polas tuas historias que para mín son interesantísimas.
Outra! Outra! Outra!.
Para vós:
Un paxaro surca o ceo
estendendo as súas ás;
é o don da nosa lingua
que devece por falar.
Paxariño, paxariño...
Ti recordas como antes
falar na nosa lingua,
ata era avergoñante.
Vai a choutos, meu paxaro,
polo mundo, sen parar.
Vai deixando unha pegada
que ninguén esquecerá.
O paxaro é a fala
que nos fai sentir morriña,
é a lingua que se sente,
que nos quere e aloumiña.
Voa polo noso ceo,
quedaremos agardando
dende agora ó fin dos tempos
que o galego siga medrando!
Adeus paxariños. Bicos.
Enviar um comentário