quinta-feira, 11 de dezembro de 2008

A ver como vai o corrector gramatical GOLFIÑO

Na páxina de Mancomún podedes baixar o corrector gramatical GOLFIÑO. É unha versión beta, e polo tanto, moi provisional e pouco fiable.
Probade a corrixir este texto:

"De forma inversa, se traducirán textos ao inglés. Do que vimos afirmando, dedúcese que a experiencia humano é indisociable da valor que atribúeselle ó tempo como realidade biolóxico e social. Este centro revisará a antedita modificación orzamentaria e o reflectirá no Sistema Informático."

3 comentários:

ramon c. disse...

O Golfiño só dá como erros estilísticos o "ó" e pide substituílo polo "ao" e a palabra "biolóxico", pedindo que se poña "biolóxica", para que haxa concordancia de xénero. O demais dáo por bo.

Se o golfiño falla así, estamos perdidos...

Celia Blanco disse...

Aquí atopamos unha aplicación para unha linguaxe non sexista:
http://www.exeria.net/
Dado que o que non se menciona non existe...

Anónimo disse...

Grazas polo comentario.