
Hoxe, mércores 4 de marzo, ás 20.00 h, Manuel Núñez Singala falará sobre o espiñento tema dos prexuízos lingüísticos, causa de moitos dos males da lingua galega.
A recomendación de que asistades a estes eventos vén dada polo interesante contido do relatorio, por ser unha actividade de comprensión oral e, se vos animades, para desenvolver as vosas destrezas expresivas no coloquio que se estableza con posterioridade. Xa, dende un punto de vista menos académico, tamén quedades ben co voso profesor.
Veña, ánimo!
2 comentários:
Parabéns,de maneira moi sinxela, enganchoume. Grazas
Falando de prexuízos, quixera desculparme por ter feito un comentario tan xenófobo o último día de clase, como o dos malos tratos ás mulleres por parte dos emigrantes. E ademais era inesacto. Simplemente, oira comentar varias veces que entre as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas había bastantes parricidas que eran emigrantes. Pero iso non exculpa ao machismo criminal autóctono.
Enviar um comentário