terça-feira, 12 de maio de 2009
sexta-feira, 17 de abril de 2009
Vivenda e construción
Para alimentármonos de léxico da construción en galego, non hai mellor recurso que o Dicionario visual da construción. Consultádeo, é moi interesante.
quarta-feira, 4 de março de 2009
Foro da lingua: conferencia sobre os prexuízos lingüísticos
Hoxe, mércores 4 de marzo, ás 20.00 h, Manuel Núñez Singala falará sobre o espiñento tema dos prexuízos lingüísticos, causa de moitos dos males da lingua galega.
A recomendación de que asistades a estes eventos vén dada polo interesante contido do relatorio, por ser unha actividade de comprensión oral e, se vos animades, para desenvolver as vosas destrezas expresivas no coloquio que se estableza con posterioridade. Xa, dende un punto de vista menos académico, tamén quedades ben co voso profesor.
Veña, ánimo!
Así falan os políticos
Convídovos a analizar a lingua das declaracións que os tres líderes políticos realizaron despois de coñeceren os resultados das eleccións 09. Coma sempre, analizamos SÓ a lingua: fonética, morfosintaxe, léxico...
sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009
Reiniciando a actividade
Despois de estarmos mergullados e mergulladas no axitado mar dos exames, saímos agora á superficie para tomarmos aire e retomarmos a nosa actividade habitual na aula e neste blogue.
Na vindeira semana mostraranse as probas corrixidas e mais as notas para facerdes as revisións e reclamacións pertinentes.
Agárdovos a todos e todas.
quinta-feira, 11 de dezembro de 2008
A ver como vai o corrector gramatical GOLFIÑO
Na páxina de Mancomún podedes baixar o corrector gramatical GOLFIÑO. É unha versión beta, e polo tanto, moi provisional e pouco fiable.
Probade a corrixir este texto:
"De forma inversa, se traducirán textos ao inglés. Do que vimos afirmando, dedúcese que a experiencia humano é indisociable da valor que atribúeselle ó tempo como realidade biolóxico e social. Este centro revisará a antedita modificación orzamentaria e o reflectirá no Sistema Informático."

O corrector sempre corrixe?
Facede unha pequena proba: copiade o texto en cor vermella e pegádeo na páxina do corrector Ortogal. Que corrixe?
Enviade os vosos comentarios.
Seredes vós mellores correctores cá máquina?
Texto:
Como ven se pode con probar este testo esta mal. Es cribo a man tenta todas has palabras a des man e o corrector sufre por que non o be. Sei que esta forza dó, máis da una idea de que entanto no coñezamos a lingua por nos mesmos, a maquina nada en tende de con tido. Compre aprehender o idioma.

Subscrever:
Mensagens (Atom)