quarta-feira, 5 de novembro de 2008

Denunciando

Velaquí un exemplo de denuncia empregando léxico da paisaxe natural:

DENUNCIO
Primeiro: un ben coñecido alcalde dun concello ourensán cortou, ripou e tirou a curota dunha montaña.
Segundo: o relevo da zona quedou totalmente diferente, xa que desapareceron os outeiros, as pendentes, as ribadas e os barrancos.
Terceiro: non se tivo en conta o impacto ambiental e acabou con toda a paisaxe vexetal, pasando a formar unha gándara.
Por iso, SOLICITO:
Que se revise a legalidade da dita desfeita e causa de feísmo na zona.

Sem comentários: