1. Sazonar o xarrete con sal e pementa.
2. Nunha tixola, cunha cullerada de aceite, marcar o xarrete ata que se forme unha codia dourada derredor.
3. Seguidamente, nunha cazola pór o xarrete co loureiro, os (?), o romeu, o comiño, a pel do medio limón, o viño branco e a auga.
4. Estufar o guiso durante media hora co lume baixo e engadir a pastilla de carne.
5. Deixar cocer durante media hora máis.
Para o mollo:
1. Poñer un vaso batedor o pirixel, o allo, a cenoria relada e o aceite.
2. Cocer o mollo resultante durante 10 minutos para que reduza. Retirar do lume e deixar que repouse.
Para gornecer:
1. Tornear as patacas e fritilas con abundante aceite.
2. Engadir sal ao gusto unha vez retiradas do aceite.
Presentación:
1. Filetear o xarrete e colocalo no prato sobre o mollo de cenoria.
2. Gornecer coas patacas e acompañar co caldo de carne coado.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário