quarta-feira, 5 de novembro de 2008

Estamos a cociñar...


Arrecende na aula...!! Gorentosos manxares están a ser preparados arestora polos cociñeiros e cociñeiras máis importantes de Galicia. Delicias exquisitas, saborosas, que mesturan sabores doces e salgados, que se cocen, frixen, ou, mesmo, se comen crúas. Como arrecende!!

4 comentários:

Anónimo disse...

Pareceme ben iso de cociñarmos na aula, as palabras dan moito de si e ben feitiñas sen moitos mollos nen preves poden salvar calquera cea. Pero e se poñemos un pouco máis de carne no asador?. Propoño que nos atrevamos a publicar cada un unha receita agora que se achega o nadal, unha receita desas que a nosa avoa leva a facer moitos anos e de seguro podía estar no menú dos mellores restaurantes. Que vos parece

Anónimo disse...

Perfecto! A única condición é facelo nun galego ben cociñado (lingüísticamente falando, xaora!) Boa idea, Natalia.
Saúdos.

Anónimo disse...

Ben, pois a receita preferida da miña avoa para o nadal e, como non, tamén a miña é:

Ingredientes:
-1 cullerada de agarimo.
-2 litros de cariño.
-1/2 cunca de solidaridade.
-3 kilos de bondade.

Procedemento:
- Mesturamos tódolos ingredientes remexendo moi ben ata que a masa quede esponxosa. Metemos a masa no forno a 990 graos e, cando esté feito probamos un anaquiño.
Presentación:
- Pódese comer só, coa familia ou con todas aquelas persoas que queiran compartir a tua ledicia.

¿Que vos parece si na aula o probamos? Biquiños.

Anónimo disse...

Non son moi boa cociñeira, pero creo que a receita que nos propón Puri, me vai saír riquisima!!!!